O goberno local garante a calidade das augas na praia fluvial
Por Redacción
O goberno local de Pontevedra garante a calidade das augas para o baño na praia fluvial do Lérez, así afirmouno o voceiro municipal, Raimundo González, tras a xunta de goberno deste luns.
No ano 2013, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública concedeu unha cualificación de "insuficiente" ás augas do río ao seu paso polo areal, pero permitíase o baño.
Raimundo González relacionaba estes datos coa orientación que ten a praia: "Os datos que non dan ben son os de contaminación por orgánicos. Nós preferiríamos que deran parámetros mellores pero pode ser pola situación do río. ÿ como unha especie de enseada onde permanecen máis tempo os restos orgánicos ou polos arrastres do río e que se decantan alí".
O concelleiro indicou que o baño está garantido pero os parámetros "non dan para bandeira azul" e engadiu que non hai "vertidos a caño libre", agora mesmo están absolutamente controlados todos". González explicou que "as posibilidades de intervención non vemos alá moitas. Iso implica algo máis? Implica que non ten esas características pero te podes bañar exactamente igual".