Seis de cada dez hoteis das Rías Baixas abriron as súas portas en Semana Santa alcanzando un 60% de ocupación
Por Oskar Viéitez
O Clúster de Turismo de Galicia sostén que as Rías Baixas acaban de vivir a mellor Semana Santa dos últimos cinco anos.
Segundo os datos ofrecidos por esta organización patronal, os hoteis tiveron unha ocupación media do 60%. Chegando a superar o 80% no caso dos balnearios.
O presidente do Clúster, o empresario sanxenxino Francisco Gónzalez, matiza que a Semana Santa supón o inicio da tempada para unha boa parte do sector, pero non para todo.
ÿ dicir, á marxe dos establecementos que traballan todo o ano, abriron as súas portas seis de cada dez hoteis, que probablemente volvan pechar estes días ata que arranque a tempada estival.
Dende o Clúster confirman o aumento de ata un 15% no nivel ocupación dos aloxamentos de Rías Baixas. O bo tempo é o motivo fundamental que xustifica este bo dato.
En canto ao perfil do turista predomina o visitante de proximidade, o 40% foron galegos e o resto procedente das provincias do norte peninsular e de Madrid.
Pero o dato máis celebrado foi o aumento do gasto por persoa. O sector destaca que o consumo aumentou.