Portonovo despide a vixésima edición da Festa da Raia
Por Redacción
A XX Festa da Raia de Portonovo chega ao seu final despois de tres días dun programa repleto de actividades.
O centro do evento situouse na carpa ubicada no porto de Portonovo, lugar habilitado para a degustación deste produto en caldeirada, escabechada e mariñeira servidos polo bar A Curva, o mesón O Chasco e Piperetas 'Cociña con xeito'.
Ademais a programación incluíu un ano máis a concetración de motos 'Vespa Raiada', un certámen de canción popular e diversos talleres.
Por outro lado, na mañá do domingo entregouse o galardón da 'Raia de Ouro', que nesta ocasión foi parar ao futbolista Fran Rico.
A irmá do xogador, natural de Portonovo, foi a encargada de recibir o premio ante a ausencia de Fran a causa dos seus compromisos profesionais co seu actual club, o Granada.