Evacuado en ambulancia un veciño de Beluso por inhalación de fumes tras sufrir un incendio na súa casa
Por Redacción
Un veciño de Bueu tivo que ser trasladado en ambulancia tras sufrir un incendio no seu domicilio, no lugar de Montemogos, en Beluso.
O lume iniciouse arredor das 12:30 horas deste sábado 19 de abril na cociña da casa, situada no número 153, xunto á Panadaría Guerra.
Ao lugar dos feitos se deplazaron efectivos dos Bombeiros do Morrazo, Policía Local de Bueu e 061, trasladando estes últimos a unha persoa a un centro sanitario ao presentar problemas respiratorios.
A rápida intervención dos servizos de emerxencia evitou a propagación do lume polo domicilio minimizando os danos materiais.