Deteñen un veciño de Vigo por un intento de roubo a punta de navalla en Fernández Ladreda
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron na noite do Venres Santo, día 18 de abril, un veciño de Vigo de 30 anos de idade como presunto autor dun intento de roubo e lesións.
Os feitos aconteceron sobre as 23:15 horas da noite nunha parada de autobús situada na rúa Fernández Ladreda de Pontevedra.
Segundo apunta fontes policiais, o home detido tería intentado roubar a punta de navalla a unha persoa que ante esta situación logrou fuxir e refuxiarse nun local de hostalaría próximo.
Nese momento un cidadán que se encontraba neste local saíu en defensa da vítima, resultando golpeado polo agresor antes de que este marchase do lugar.
Tras chamar a Policía Nacional unha patrulla localizou pouco despois o individuo nunha rúa próxima procedendo á súa detención.