Marín sae á rúa co seu Venres Santo
Por Manu Cillán
Numerosos veciños de Marín botáronse á rúa na tarde-noite do Venres Santo para participar nas procesións previstas.
Dous pasos saíron en procesión ás 21:30 horas para recollerse sobre as 23:00 da noite.
O primeiro deles foi o Santo Sepulcro, levado por cargadores de Marín, acompañado pola banda do Nazareno e unha numerosa penitencia.
No seu traxecto os cargadores, como é tradición, levantaron o sepulcro por enriba das súas cabezas ao seu paso polo Templo Vello en sinal de respecto.
Tamén se puido admirar o paso da Virxe das Dores, acompañado das 'dolorosas', mulleres ataviadas co tradicional traxe de mantilla.