Desaloxan o pavillón de Fexdega durante a Vilagarcía Basket Cup por un incendio nun cadro eléctrico
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O pavillón Fexdega de Vilagarcía de Arousa tivo que ser desaloxado este venres durante a celebración dun dos partidos da Vilagarcía Basket Cup debido a un incendio de pequena entidade declarado nun cadro eléctrico.
Segundo indicou Protección Civil de Vilagarcía, solucionouse sen incidencias. Non deixou maiores danos nin persoais nin materiais.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia rexistrou a alerta por lume ás 18.33 horas e, segundo explicaron testemuñas presenciais, a primeira evidencia que se percibiu no pavillón foi que quedou sen subministración eléctrica.
O lume non alcanzou maiores dimensións, pero foi necesario suspender o partido que se estaba a disputar nese momento, un España-Francia de sub-17.
O encontro interrompeuse cando o resultado no marcador era 25-6 e estaba a disputarse o segundo cuarto, o millar de espectadores que enchía o pavillón foi desaloxado e a terceira xornada da competición trasladouse ao pavillón de Fontecarmoa, tamén en Vilagarcía.
O sucedido propagouse rapidamente a través das redes sociais e en Twitter algúns espectadores queixáronse da organización nun momento de tensión como o vivido.
Se va la luz en Fexdega y nos desalojan diciendo que hay fuego. #nuncatalsevira
Nasho (@nacholazare) abril 18, 2014
...ni responsables ni nadie q se haga cargo d la situacion..la gente en la pista y selecciones sin evacuar y sacando dotos en pista..
Manuel lopez (@josekeating) abril 18, 2014