Segundo día de busca dos desaparecidos no naufraxio do pesqueiro de Marín 'Mar Nosso'
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Varios pesqueiros e o helicóptero de Salvamento Martímo Helimer 211 retomaron este venres as tarefas de busca dos dous mariñeiros desaparecidos tras o naufraxio do arrastreiro de Marín 'Mar Nosso' a unhas 20 millas ao norte da ría de Navia, en Asturias.
Durante esta xornada, estes medios marítimos e aéreos realizarán tarefas de rastrexo da zona do afundimento, segundo informou Salvamento Marítimo.
A tripulación do barco estaba formados por doce mariñeiros, dos que sete eran portugueses e cinco galegos, todos eles pontevedreses e que foron rescatados con vida do sinistro. Tres deles eran veciños de Marín (José Martínez Calo, Jesús Álvaro González e Rafael Meixide Rodríguez) e os outros dous de Vilagarcía (Francisco Manuel Alvite) e Bueu (Francisco Pereira Iglesias).
O buque naufragou e afundiuse e sete dos tripulantes foron rescatados con vida, pero tres faleceron e dous seguen desaparecidos. O contramestre do barco, o veciño de Marín José Martínez Calo; e o xefe de máquinas, natural de Bueu, Francisco Pereira Iglesias, resultaron ilesos, pero foron ingresados en observación no hospital da Costa de Lugo. Os outros tres pontevedreses foron rescatados con síntomas de hipotermia e trasladados a hospitais asturianos.
Este venres os sete mariñeiros rescatados recibiron a alta e emprenderon o regreso ás súas casas. O último en sair do hospital foi o veciño de Vilagarcía Francisco Alvitres Lema, ingresado no hospital de Cabueñes (Gijón).
Por outra parte, este venres a Plataforma en defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia (Pladesemapesga) denunciou "incapacidade, neglixencia e desleixo de funcións" da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (Sasemar) durante o rescate do 'Mar Nosso'.
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, trasladou tamén o seu pésame e o da Xunta de Galicia aos familiares, compañeiros e amigos dos falecidos no naufraxio e sinalou que toda a cidadanía galega está cos tripulantes, falecidos, desaparecidos e supervivintes.
Rosa Quintana cualificou como unha "fatalidade" o acontecido nos últimos meses, con varios accidentes no mar que afectaron a barcos galegos. Lembrou que tras cada accidente se activa a comisión de investigación de accidentes marítimos e pediu "o máximo respecto" para os técnicos que están a traballar para determinar as causas.
Relacionadas:
-
Tres mortos e dous desaparecidos no naufraxio dun pesqueiro de Marín en Asturias
Por Redacción | Creada e actualizada