A Praza de Touros, hotel por unha noite para un centenar de cabalos
Por Redacción
A Praza de Touros de Pontevedra converteuse en hotel por unha noite para preto dun centenar de cabalos. Aconteceu na madrugada do xoves ao venres, cando descansaron no coso os equinos participantes na segunda edición da Ruta Cabalar Salnés - Terra de Montes.
A ruta cabalar, que se está a realizar durante as xornadas de Xoves e Venres Santo, percorre 80 quilómetros ao longo de sete concellos
Tras saír o porto de Sanxenxo, e antes de parar a repoñer forzas na Praza de Touros, os cabalos percorreron este xoves camiños de Sanxenxo, Meaño, Meis e Pontevedra. Este venres a ruta levaraos por Campo Lameiro, Cerdedo e A Estrada, para rematar en Sabucedo.
A ruta cabalar conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e os sete concellos polos que transcorre, cuxos alcaldes reciben os xinetes participantes, obsequiándoos ademais con produtos típicos da zona.