Os Bombeiros do Salnés regresan ao Vao ante a presenza de fume
Por Redacción
Os Bombeiros do Parque do Salnés tiveron que desprazarse ás 9.00 horas deste Xoves Santo ata o poboado do Vao en Poio pola alerta de fume no ámbito da choupana e da caravana que, na madrugada do mércores 16, ardían no asentamento xitano.
Segundo as mesmas fontes, a causa desta intervención encóntrase na presenza de entullos na zona que, en contacto cos rescaldos da extinción, provocan conatos de novos incendios. A actuación dos bombeiros centrouse en revisar e arrefriar a zona.
Nesta ocasión, ao non tratarse dunha intervención de urxencia, os bombeiros do Salnés foron os encargados de achegarse ata Poio para atender este servizo, obrigados pola organización territorial dos Parques de Bombeiros.
Os bombeiros do Parque municipal de Pontevedra non acudiron ante este aviso por presenza de fume no concello veciño aínda que, en cambio, si colaboraran na extinción do lume que o mércores prendera na vivenda e na caravana do poboado.