Poio prevé unha ocupación hoteleira do 48% na Semana Santa
Por Redacción
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informou sobre a previsión de ocupación nos establecementos de aloxamento durante a Semana Santa.
No que respecta á ocupación aos establecementos do municipio de Poio, a previsión é dun 48% de ocupación. Estas cifras poden aumentar nos próximos días dependendo da meteoroloxía e as reservas de última hora.
De todos os xeitos, as previsións de ocupación son mellores que as cifras obtidas na Semana Santa do pasado ano, no que a ocupación non pasou dun 33% no noso municipio, o que supón un incremento do 15% con respecto ó ano pasado.
A oficina de turismo de Combarro permanecerá aberta durante toda a Semana Santa para así dar un maior servizo os turistas e visitantes que se achegen á localidade.
Estos días Combarro convertirase a súa vez, na sede do Campeonato de España de Vela Clase Vaurien na que participarán máis de 40 tripulacións de toda a xeografía española e atraeran a máis de 300 visitantes extras a vila mariñeira.