Feridos unha muller e un menor nunha colisión rexistrada en Poio
Por Redacción
Unha muller duns 35 anos de idade e un menor resultaron feridos nunha colisión rexistrada este martes en Poio.
Segundo os datos facilitados polo 112, o sinistro tivo lugar sobre as 13,25 horas na Avenida da Cruz.
Foron mobilizados a Policía Local e o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial, que levou aos feridos á Clínica Médica La Merced, segundo indicaron fontes sanitarias.