Premio ao talento científico de dous alumnos do Sánchez Cantón
Por Oskar Viéitez
Os alumnos do Instituto Sánchez Cantón, José Rodríguez e Carlos De Frías, foron premiados no Certame Internacional de Ciencias Exporecerca Jove de Barcelona.
No laboratorio do instituto pontevedrés estes dous alumnos de segundo de bacharelato investigan sobre unha vacina que permite tratar calquera tipo de enfermidade infecciosa.
O seu proxecto denominado: Tratamento e Prevención de Enfermidades Infecciosas mediante Células Dentríticas será financiado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Para iso desprazaranse ata un laboratorio do CSIC e contarán co apoio dun investigador.
Tamén terán a oportunidade de asistir en Milán a unha nova feira de ciencias. Será en maio.
Xunto a eles, o seu compañeiro, Valentín Estévez Souto, está a desenvolver un estudo sobre as especies extremófilas con posibles aplicacións na industria aeroespacial.
Ademáis estes alumnos están a impulsar a celebración dunha Semana da Ciencia no Sánchez Cantón.