O Cristo das Caídas volve a procesionar o centro histórico
Por Redacción & Diego Torrado
A Confraría da Veracruz cumpriu o seu obxectivo e este luns Pontevedra recuperou unha procesión desaparecida na década dos anos sesenta.
A imaxe do Cristo Nazareno de las Caídas volveu a procesionar polas rúas do centro histórico.
Trátase dunha peza do século XVIII que gardan as monxas Clarisas na zona de clausura do convento de Santa Clara, e que só se expón en Coresma e Semana Santa.