Marcón esgota as existencias de fabada para axudar ao seu club de fútbol
Por Diego Torrado
"ÿxito rotundo". ÿ a valoración que realiza o coordinador deportivo do Marcón Atlético, Amador Cabaleiro, da oitava edición da Festa da Fabada que se organizan para recadar fondos para o club. Este domingo esgotáronse existencias no campo da festa da parroquia.
Os organizadores repartiron as 500 porcións que prepararan e calculan que acudiron ao recinto festivo unhas 800 persoas, cifras que revalidan os éxitos de anos anteriores e demostran que, oito anos despois da súa primeira edición, a festa gastronómica e o Marcón Atlético segue contando con siareiros fieis.
A fabada, preparada polo cordobés Félix Casado, está elaborada sobre a base de fabas de Lourenzá, touciño entrefebrado, orella, morcilla asturiana e este ano tamén costela. Por 7 euros, os comensais lévanse unha cazola, pan e bebida (vaso de viño ou auga) e, coa súa achega, contribúen a que o club chegue ao final da tempada sen dificultades económicas.
Este domingo, na súa oitava edición, a festa tivo como pregoeiro a José Luis Torrado e, tras a súa intervención, mentres os comensais daban boa conta de todas as asistencias, varios grupos musicais amenizaron a campo da festa.