A principal empresa de Vilaboa precisa ampliar as súas instalacións
Por Oskar Viéitez
A principal empresa do Concello de Vilaboa necesita ampliar as súas instalacións.
Trátase da conservera Connorsa, Conservera do Noroeste S.A., que comercializa as marcas Cabo de Peñas, Cíes, Las Carabelas, La Pescantina, Qual, Rodeiro e Ventosela.
Connorsa conta con 258 traballadores.
O Concello de Vilaboa comezou os trámites para recalificar 45.000 metros cadrados de chan rústico forestal en chan urbanizable, para garantir a continuidade desta empresa no seu actual emprazamento, na ría de Vigo, na beira oeste da ensenada de San Simón.
A concellalía de urbanismo vilaboesa xa remitiu a documentación á Xunta para proceder á súa avaliación ambiental, xa en fase de exposición ao público.
Esta modificación das Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal de Vilaboa xustifícase a necesidade de ampliar a fábrica no seu actual emprazamento e non buscar outra alternativa.