Apoio pontevedrés á actuación policial do 22-M en Madrid entre críticas aos mandos
Por Redacción
Os sindicatos policiais (SUP, CEP e UFP) protagonizaron este martes unha concentración ante a Comisaría Provincial de Pontevedra como mostra de apoio aos seus compañeiros da Unidade de Intervención Policial que protagonizaron o dispositivo de seguridade o pasado 22 de marzo en Madrid.
Segundo explicou o Secretario Xeral do SUP en Galicia, José Freire, "esos compañeros han sido objeto de violencia por parte de un grupo determinado, de gente organizada, preparada, gente antisistema", polo que pediu protección e respecto ao traballo dos corpos de seguridade como "el instrumento que tiene la sociedad democrática para salvaguardarse de los violentos".
Ao mesmo tempo Freire criticou duramente aos mandos policiais e aos poderes políticos, aos que acusa de cometer "graves irregularidades", principalmente ao pedir "paciencia en un momento en que había que ir en auxilio de un subgrupo de la Unidad de Intervención Policial de Madrid que estaba pasando por serios problemas, tan serios que corrió peligro la vida incluso de alguno de ellos".
As organizacións sindicais pediron ademais que se depuren responsabilidades e "se abra la investigación que se ha abierto pero que no sea un mero parche".