O PP acode de novo aos tribunais polas dedicacións exclusivas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O goberno local viuse este luns na incómoda obriga de ter que levar de novo ao pleno o novo réxime de dedicacións exclusivas polo que se anulan dúas das tres que tiña o PP.
Cos 14 votos a favor dos concelleiros do BNG-PSOE e os 10 en contra dos edís do PP aprobouse a moción relativa á emenda de erros formais e de procedemento, que corrixiu o acordo aprobado o pasado 19 de febreiro polo que se daba cumprimento á sentenza do 20 de decembro devolvendo os tres soldos ao PP, e inmediatamente se acordaba suprimir outra vez dúas das dedicacións da oposición.
A moción que foi explicada polo concelleiro responsable de persoal, Vicente García Legísima, deu pé a unha intervención do voceiro do PP, Jacobo Moreira, na que se referiu ao alcalde como "monarca Lores", sinalando que está á fronte do "gobierno más caro de Galicia".
O voceiro popular reiterou as súas criticas ao rexedor pola súa "obsesión por vengarse de la oposición", que segundo dixo recoñece a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia "un severo varapalo", dixo, "todo por criticar que estén chupando del bote mientras pronuncian un discurso antisistema".
"Se cabreó como un niño caprichoso", dixo Moreira, quen engadiu que "si lo hace para que no recurramos, llega tarde, ya hemos presentado el recurso ante los tribunales de Justicia", anunciou.
Pola súa banda o PSOE entoou o "mea culpa", a través do concelleiro Agustín Fernández, polo que consideran "espectáculo lamentable que estamos a dar pleno tras pleno" con este debate das dedicacións exclusivas. Moreira contestoulle que "me alegro de que pidan perdón por participar en esta represalia".
Relacionadas:
-
Tres concelleiros do PP perden definitivamente a súa batalla xudicial polos seus salarios municipais
Por Alejandro Espiño |
-
A Seguridade Social tramita a alta no Concello de Pablo Fernández, concelleiro do PP
Por Redacción |
-
O PP sopesa levar de novo ao xulgado o conflito dos soldos
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno de marzo volverá debater as dedicacións exclusivas do PP ante a indignación de Jacobo Moreira
Por Redacción |