O Concello preguntará a Ana Pastor pola paralización do Nó do Pino
Por Oskar Viéitez
Na axenda prevista polo goberno local para o próximo encontro coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, figura a paralización das obras de reforma do Nó de O Pino.
O alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que coma veciño de Marcón pasa diariamente por este enclave viario e "desde hai un mes vese que alí non se está a traballar".
No concello non está confirmada a data da visita da ministra de Fomento. Previsiblemente será os próximos días 23 ou 24 de novembro. Si é o venres 23 será pola tarde, pola mañá, si é o sábado. "Cando veña pedirémoslle explicacións. Interesarémonos", corrixiu o alcalde.
A pasada semana oito empresas, algunhas de suministros e outras subcontratadas por a firma Obras, Caminos e Asfaltados (Oca S.A), adxudicataria da obra do Nó de O Pino, presentaron na Subdelegación do Goberno un escrito informando sobre a situación de impago por parte da contratista.
Nese escrito comunicaban a súa intención de paralizar as obras ata que se liquiden as débedas contraídas por OCA.