Unha noite, un garaxe, 18 coches estragados
Por Natalia Puga
Lúas rotas, cristais polo chan e o interior do coche revolto. A mesma escena a viviron entre 16 e 18 veciños das rúas Palamios e Rosalía de Castro. Foron vítimas dun roubo masivo con estragos cometido nun mesmo garaxe nun unha soa noite.
"Cuando fui a recoger el coche ví que por el suelo estaba todo lleno de cristales. Pensé que eran del coche de al lado, pero era mi coche. Y el de al lado también. Eran casi todos los coches del garaje".
Así relata un afectado como viviu a escena a primeira hora da mañá do mércores. No seu Toyota Avensis esnaquizaron unha lúa dianteira e unha traseira "para tener espacio de sobra para entrar y revolverlo todo". Ao final, "ni siquiera se llevaron nada, solo un destornillador multiusos".
O seu testemuño é moi revelador do "llamativo que resulta todo" para os afectados, pois "destrozaron todos los coches que se cruzaron, sin criterio y al final no se llevaron nada de valor".
No garaxe, ao que se accede pola rúa Palamios, hai usuarios de todo o edificio, un inmoble de catro portais entre as rúas Palamios e Rosalía de Castro. No Honda dunha veciña rompéronlle as dúas lúas, revolvéronlle o interior "abrieron el maletero, las guanteras... " e, finalmente, levaron os mandos do garaxe.
Peor sorte tivo o propietario dun Citroën C5. Ademais de ter unha xanela fracturada, forzáronlle a outra, danáron a carrocería, deixaron o interior revultelto e levaron uns lentes de sol Ray Ban, unha lanterna ou un mp3.
Unha vez que o primeiro veciño se decatou, a primeira hora da mañá, do sucedido, deu alerta todos os demais propietarios e a Policía Naconal. Ao longo da mañá a Policía Científica recolleu probas no garaxe e abriuse unha investigación. Ata o momento hai tres denuncias de afectados presentadas na Comisaría.
Fontes consultadas vinculan este episodio con outro roubo. Aconteceu nesa mesma noite nun garaxe da rúa Perfecto Feijóo. Neste caso, tan só sufriu estragos e roubos un vehículo.