O Petote, cita ineludible no calendario galego de festas gastronómicas
Por Diego Torrado
Obxectivo cumprido. A do petote, con só cinco edicións, converteuse nunha das citas ineludibles do calendario de festas gastronómicas de Galicia.
O pavillón de Carballedo celebrou con grande éxito de público esta concorrida festa culinaria en honor a este prato tradicional.
O domingo soleado favoreceu a chegada dos comensais que en familia ou con amigos acudiron á festa que estivo amenizada polo grupo de gaitas Foula e a charanga Charandonga.
A mestura de diferentes fariñas cocidas dentro da auga do caldo é a singularidade dese produto que se incluia nos cocidos familiares pola festividade de San Brais e o Entroido.
No pavillón de Carballedo a preparación do produto protagonista da festa correu por conta de Casa Blanco, aínda que o público tamén elixiu para degustar o petote algún dos establecementos hostaleiros que colaboran na iniciativa.