Ourellada milagreira en San Bieito de Lérez
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
Con San Bieito como testemuña, a parroquia de Lérez celebrou este domingo a Festa da Ourella.
A tentación custaba cinco euros, por unha porción de ourella, acompañada de viño, pan e patacas, a empanada de orella de porco, tres euros, o churrasco saía a 6 euros e a orella doce, a 50 céntimos.
A asociación de veciños San Benito elixiu como pregoeira á escritora e académica Fina Casalderrey.
O evento culinario estivo amenizado polos Gaiterios das Rías Baixas e na sobremesa: sesión discoteca.