Os galegos din Me gusta ao #CocidoDay
Por Oskar Viéitez
Convocado por un grupo de bloggers galegos este 15 de marzo celébrase o #CocidoDay. A misión consiste en conseguir que se fale do Cocido Galego en toda Galicia, pero tamén en toda España, xa sexa co boca-orella ou nas redes sociais.
Os xornalistas Luis Ulloa e Laura Camiño, promotores desta idea que pretende ser viral, aseguran que "o cocido é un símbolo da nosa gastronomía e queremos facer do #CocidoDay unha data de referencia e darlle así visibilidade á cociña tradicional do país. Paralelamente queremos axudar a que Galicia se afiance como destino gastronómico apoiando, ademais, aos restaurantes e empresas que se sumen á iniciativa".
Explicado de xeito sinxelo, a iniciativa propón que os amantes do cocido se reúnan á calor dos fogóns de restaurantes, as súas casas ou fogares de coñecidos para subir fotos do seu prato ás redes sociais para compartilas co resto do mundo co hastag #CocidoDay.
O impacto da xornada servirá para promover non só ao popular prato galego, ademais reivindicará o bo facer de todos os restaurantes adheridos oficialmente á iniciativa.