A Moreira non lle chegan as explicacións do alcalde sobre a renovación do contrato de Cespa
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acaba de contestar por escrito ao voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, que pediu especificacións sobre o canon que se abona á concesionaria de recollida de lixo e os custos de explotación e amortización.
Moreira quería saber cal é o importe exacto do canon anual que se lle abona hoxe a Cespa, pois o contrato foi ampliado en tres ocasións. Tamén pediu especificacións sobre a avaliación das distintas prestacións que desde a adxudicación do contrato foron incorporándose ao mesmo, ademais de que parte corresponde hoxe ao custos de explotación e cal aos de amortización.
A resposta do alcalde sinala que estes datos estan reflectidos no expediente que xa ten no seu poder o concelleiro da oposición, e remite ao edil popular a ese expediente ou aos funcionarios encargados da súa custodia. Moreira no se da por satisfeito con esta resposta e insiste na falta de transparencia do goberno local.