CIG-Mar esixe un criterio social de repartición por tripulante para a frota do cerco
Por Oskar Viéitez
O sindicato CIG-Mar esixe unha "reparto xusto" das cotas de xarda. Rexeitan a distribución actual do Goberno, que favorece os vascos, e que está calculada en función dos datos das capturas históricas e piden un "criterio social" sobre a base dunha repartición lineal por tripulante.
O secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, reclama ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio que "corrixa o erro" nas asignación das últimas 6.000 toneladas que se aumentaron para toda a frota española.
CIG-Mar valora que o incremento adicional de 1.450 toneladas na cota da xarda que España, en virtude do acordo alcanzado entre a Unión Europea (UE), Noruega e Illas Faeroe, "lonxe de mellorar, empeora a inxusta repartición existente".
Xabier Aboi explicou que as 6.000 toneladas que se aumentaron, se reparten en 1.450 para cántabros, outras 1.450 para galegos e 3.000 para os vascos.
Este é unha formulación a curto prazo di Aboi, "só pode valer para este ano", xa que para o 2015 reclaman unha nova fórmula "para que non se repita esta inxusta repartición de capturas".
Nunha rolda de prensa celebrada en Pontevedra, Xabier Aboi expuxo que Galicia pesca catro especies, cabala, xurelo, anchoa e sardiña, esta última encóntrase nunha "mala situación" polo que demandan o Goberno que faga un plan de xestión para a frota da sardiña que contemple paradas biolóxicas subvencionadas "en vez de pagar o desgüace de barcos".
Para o xurelo, un recurso moi abundante, que agora mesmo, piden unha bolsa común para toda Galicia.
Finalmente dende CIG-Mar instan o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que convoque a todas as partes "e que alí nos sentemos a falar".
Aboi insistiu na necesidade de que se outorgue a cada barco a cota que o corresponde segundo o seu número de tripulantes, "aquí estase a repartir a fame, a miseria", declarou. A maioría das embarcacións de cerco son galegas, en total 154 barcos, fronte ás 44 cántabras e as 70 do Euskadi.
Barcos galegos con bases nos portos de Cambados, Bueu, Portonovo, Cesantes, Cangas, Ribeira, Aguiño, Portosin, Sada, Malpica, Foz e Burela.