O pai que compraba cocaína ao seu fillo sae absolto ao non haber "un ilícito beneficio económico"
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu un pai acusado de tráfico de drogas que subministraba cocaína ao seu fillo.
A sentenza considera acreditado que o acusado, de nacionalidade colombiana, viaxaba cada 30 ou 40 días dende Lalín ata Madrid en autobús, portando en cada unha destas viaxes sobre 25/30 gramos de cocaína, en terróns prensados e duros envoltos en bolsas.
Sinala o fallo do tribunal pontevedrés que as devanditas substancias eran entregadas ao seu fillo para o seu consumo, posto que no momento dos feitos consumía cocaína e cannabis de xeito regular.
Non obstante afirma a sentenza que non quedou demostrado que tales substancias foran subministradas ao seu fillo "con ánimo de obter un ilícito beneficio económico".
A Fiscalía de Pontevedra pedía para el cinco anos de prisión.
Tamén se absolve o outro acusado D.J.A.C. do delito contra a saúde pública do que estaba acusado.