Disciplina Urbanística precinta a Pulpería "Ruzo"
Por Oskar Viéitez
O servizo de Disciplina Urbanística do Concello de Pontevedra ordenou o precinto do Restaurante Pulpería "Ruzo" situado na rúa Alhóndiga, xunto ao Teatro Principal.
Segundo informaron fontes municipais este restaurante tiña unha licenza de obra concedida hai dous anos, pero non chegaron a obter a licenza de apertura e actividade porque non acreditaron o cumprimento da ordenanza de ruídos.
ÿ dicir, ao local fáltalle o certificado de illamento acústico.
Por estes motivos Disciplina Urbanística procedeu ao precinto do local, este martes 11 de marzo.
Os responsables do restaurante están a tramitar os permisos oportunos e xa se están a acometer as obras necesarias para cumprir coa ordenanza.