O comité de empresa de Ence ve perigar a factoría ante as últimas medidas de Industria
Por Redacción
O Comité de Empresa do Grupo Ence mostra a súa preocupación sobre o futuro da empresa ante o atraso na concesión da prórroga de funcionamento da fábrica de Pontevedra e polo sometemento ao imposto sobre a produción de enerxía eléctrica e ás demais reformas do sector enerxético.
Segundo sinalan dende o comité asinado polo presidente, Jesús Graña, estas reformas se están a aplicar con carácter retroactivo a 14 xullo de 2013 e poñen á empresa o límite de ser rendible e, polo tanto, dificulta os investimentos do Grupo. Indican ademais, que se pretende asfixiar a empresa "eliminando a prima por producir enerxia coa lignina da madeira, considerada ata de agora, como biomasa".
Graña indica que esta medida pon en grave perigo o futuro da empresa e ao sector forestal porque grazas ao valor enerxético que ten a lignina xeran rendas moi importantes na sector forestal. Os representantes do comité apuntan que "non é de recibo, ademais de discriminatorio, que se subvencione a coxeneración con puríns e con gas. E non así, o licor negro, combustible autóctono e renovable".
O Comité vai solicitar entrevistas cos responsables políticos e da Xunta para que, entre todos, insten ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a que dea marcha atrás nesta decisión que pode levar por diante todo o sector da celulosa e tamén forestal". Según exponen, ao Ministerio adopta esta medida por "afán excesivamente recaudatorio".