Equipo Ja, Os do Val do Lérez, Colón PTV e Amoriños de Bora disputan a final do Concurso de Murgas
Por Redacción
Catro murgas foron seleccionadas polo xurado para disputar a final do Concurso de Murgas que se celebrará ás 21.00 horas deste xoves 6 no Pazo da Cultura: Equipo Ja, Os do Val do Lérez, Colón PTV e Amoriños de Bora, que se enfrontarán no escenario do auditorio nunha das máis disputadas edicións deste certame.
Once grupos participaron nas semifinais que se desenvolveron durante o luns e o mércores desta semana de Entroido. O público ocupou todas as butacas do auditorio do Pazo dan Cultura e, durante a semifinal celebrada este mércores, numerosos espectadores fixeron cola durante máis de tres horas antes do inicio do concurso. Precisamente, o xurado decidiu que tres dos grupos participantes desta segunda eliminatoria se clasificasen para a final mentres que da primeira só foi seleccionada a murga dos do Val do Lérez.
Unha vez máis, as críticas centráronse na xestión dos principais políticos de Pontevedra: Rajoy, Louzán e Fernández Lores, ademais do ministro de Xustiza e o seu proxecto da lei do aborto.