Desfile e enterro da sardiña en Marín, todo nun só día
Por Diego Torrado
Marín viviu este mércores unha xornada intensa de festa con todo o entroido concentrado nun só día.
Así a vila mariñeira gozou do desfile de disfraces e carrozas que debería terse celebrado o domingo e inmediatamente despois, as risas convertéronse en choros pola morte e enterro da sardiña.