Tres detidos por roubos con forza en polo menos catro casas de Vilagarcía e Soutomaior
Por Redacción
A Garda Civil detivo tres homes de entre 30 e 36 anos con antecedenes policiais como supostos autores de, polo menos, catro roubos con forza en vivendas habitadas cometidos durante o ano 2013 en Vilagarcía de Arousa e Soutomaior e mantén aberta unha investigación na denomiada 'operación Vani' na que non se descarta chegar a atribuírlles máis roubos.
A un dos homes, JE.O.P., de 33 anos de idade e veciño de Vilagarcía de Arousa, non foi necesario detelo porque cando os axentes determinaron a súa implicación nestes roubos xa se encontraba no centro penitenciario da Lama por outros delitos.
Os outros dous detidos é o veciño de Soutomaior I.L.C., de 30 anos, e o veciño de Vilagarcía de Arousa S.I.M., de 36 anos, ao que lle consta unha requisitoria de busca e detención ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra.
Estas tres detencións son froito das investigacións realizadas pola Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra para aclarar unha serie de roubos con forzas cometidos co mesmo modus operandi. Consistía en controlar os habitantes da vivenda e, unha vez que estes abandonaban esta, aproveitaban para violentar a porta ou fiestra e acceder ao interior.
Unha vez na casa, os ladróns apoderábanse de xoias, diñeiro e outros efectos de valor que encontraban, nalgún dos casos ata armas de fogo. Segundo informa a Garda Civil, sempre ían provistos de pistolas simuladas, bridas e grillóns por se no interior da vivenda houbese algún morador, para poder inmobilizalo.
No marco da 'operación Vani' practicáronse rexistros nos domicilios dos deteidos nos que se interviñeron equipos informáticos, aparatos electrónicos, reloxos, teléfonos móbiles, unha arma simulada, unha escopeta, munición real de distintos calibres e artigos de bixutería, roupa e bolsos, todos eles procedentes da comisión de ditos ilícitos.
Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, as dilixencias instruídas, xunto cos dous detidos, serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa. A operación continúa aberta e non se descartan máis imputacións por outros feitos delituosos similares.