Sercoysa chega a un acordo cos seus traballadores tras reducir sensiblemente o ERE presentado
Por Diego Espiño
Sercoysa e o seu persoal de traballadores chegaron a un acordo para a aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego temporal (ERE) ante a caída da carga de traballo derivada da crise na construción.
A empresa rebaixou sensiblemente as cifras iniciais de afectados, baixando dos preto de 80 empregados incluídos no ERE a 46. A regulación suporá a suspensión dos seus contratos por un máximo de 180 días repartidos en dous anos.
O acordo foi valorado de forma positiva polos sindicatos, como afirma a representante de UGT Lourdes Diz, "el ERE no es tan duro como esperábamos en un principio, la empresa realmente puso de su parte para llegar a un acuerdo. Aunque sea una suspensión de contratos vemos que Sercoysa lo tiene bastante atado y esto le va a dar viabilidad en el futuro".