Entre copas e cócteles para demostrar as habilidades dos alumnos de hostalaría de todo Galicia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Demostrar quen ten o olfato e o gusto máis adestrado e afinado para catar os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Era o obxectivo do I Campionato de Sumillería Suso Domínguez celebrado os dous últimos días no Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Ata aí non tivo ningunha diferenza con respecto aos certames que proliferan por toda a xeografía galega, pero nesta ocasión quen se daban cita ante as copas eran estudantes de escolas de hostalería, 18 alumnos procedentes de todo Galicia e Portugal.
O certame, que homenaxea ao profesor Suso Domínguez, falecido en 2012, ten como obxectivo poñer en valor e promocionar ao alumnado de servizos de restaurante e na especialidade sumiller. Esta primeira edición centrouse en torno á DO Rías Baixas e, como xurados, exerceron o director do instituto galego do Viño, Xoan Cannas; o presidente dos baristas de Galicia, Augusto Marales e en representación de Chivas Regal, José Soto.
As actividades paralelas comezaron este mércores e este xoves foi a 'posta de largo', na que alumnos de todas as especialidades do centro, políticos e o propio Carlos Oroza se deron cita no auditorida da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Previamente, no propio instituto os participantes realizaron un cuestionario sobre Rías Baixas e pasaran por probas de identificación de olores e de sabores, así como por unha proba de carta errónea de viños, na que os estudantes debían corrixir os erros que presenta unha carta de viños españois e a súa maridaxe.
Na Cidade Infantil Príncipe Felipe realizouse a proba de identificación de viños da DO Rías Baixas, na que participaron alumnos dos IES lucenses de Foz e Sanxillao, Fragas do Eume (A Coruña), Vilamarín (Ourense), CIFP Compostela, Paseo das Pontes (A Coruña), Manuel Antonio (Vigo), a Escola de Hostalería de Douro-Lamego (Portugal) e o propio Carlos Oroza.
Os gañadores foron Daniel Miguélez, do CIFP Manuel Antonio de Vigo; María Rebeca Sánchez, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña; e Francisco José García, do IES Sanxillao de Lugo; que recibiron cadansúa bolsa para cursar o Máster en Sumillería no Instituto Galego do Viño. Para entregarlles os premios acudieron o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán.
Xa fóra de concurso, e antes da entrega de premios, desenvolveuse unha exhibición de coctelería acrobática a cargo de Quique Romaní, bicampeón galego en dita especialidade, que mantivo en vilo a todo o auditorio.