O orzamento máis breve da historia
Por Oskar Viéitez
Cando o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou no mes de xuño o orzamento da institución definiuno como "austero", pero esqueceuse de engadir que tamén é o mais breve da historia, pois non chegará aos seis meses de vida.
Rafael Louzán anunciou que o goberno provincial xa está elaborando as contas para o próximo 2013 e que "esperamos telo aprobado leste mesmo ano".
Ademais Louzán asegurou que os 152 millóns, do orzamento deste ano están xa "prácticamente cumpridos e executados", dixo con satisfacción.
O presidente da Deputación reiterou o seu compromiso de que "nun prazo de seis anos a débeda da institución será cero".
Para alcanzar este obxectivo está previsto que, ao finalizar o presente ano, a débeda da institución reduciuse un 15% respecto de 2011 ou o que é o mesmo en 12,6 millóns, "aínda que intentaremos chegar aos quince".
De acordo cos datos facilitados pola propia administración provincial a redución prevista situará a súa débeda en 92 millóns de euros, fronte aos 104,6 actuais.