Un veciño de Sanxenxo detido por furtarlle as catro rodas dun turismo para poñerllas ao seu
Por Redacción
A Garda Civil detivo a J.P.S., de 44 anos de idade e veciño de Sanxenxo, como suposto autor dun delito de furto das catro rodas dun turismo estacionado no recinto dun taller mecánico no municipio.
Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, o pasado mes de decembro presenta denuncia no Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo o propietario dun taller mecánico do devandito municipio manifestando que entre as 21:00 e as 09:00 horas do día 18 do referido mes de decembro, subtraeron as catro rodas do vehículo marca Volkswagen, modelo Golf, depositado no recinto exterior do taller para a súa reparación.
As investigacións que viñan realizando os axentes da Benemérita, permitiron a localización e imputación do suposto autor deste feito delituoso así como a recuperación das rodas subtraídas que as estaba a usar no seu turismo.
O imputado, que conta con amplos antecedentes policiais, terá que presentarse no Xulgado de Instrución número un dos de Cambados onde foron entregadas as dilixencias instruídas, cando para iso sexa requirido.