Ponte Caldelas convoca os concursos de redacción, fotografía e carteis para a Festa da Troita 2014
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas volve convocar unha nova edición dos concursos de Redacción, Fotografía e Carteis, con motivo da celebración da XLVIII Festa da Troita, que se celebrará a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, e que manterán a contía económica de pasadas edicións.
Así, o Concurso de Fotografía, pretende conseguir unha maior difusión e promoción turística da Festa da Troita a través da imaxe plástica recollida polos distintos dispositivos capturadores de instantáneas relacionadas co propio evento festivo, o municipio, os labores tradicionais, as xentes, así como o concepto e carácter sostible desta.
Este certame conta con tres premios dotados cunha contía económica de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, para o primeiro, segundo e terceiro clasificados.
Polo que respecta ao XIII Concurso de Carteis estará dotado cun premio único de 400 euros para o gañador do certame que ten como obxecto seleccionar o motivo anunciador da Festa e a el poderán concorrer artistas nacionais e internacionais. Este cartaz servirá de base de todo o traballo de promoción e divulgación da imaxe que lucirá a presente edición deste evento que goza do distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.
Co fin de que poidan ser consultadas, as bases encóntranse xa expostas na páxina web do Concello, así como o mecanismo que rexerán os distintos concursos, así como a actuación dos xurados encargados de ditaminar a presente edición destes prestixiosos certames.
Relacionadas:
-
As eleccións europeas de maio obrigan a cambiar o calendario da Festa da Troita
Por Redacción |
-
A troita volve reinar en Ponte Caldelas grazas ao éxito da Festa da Troita
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Capturan no río Verdugo unha troita 'xigante' de 72 centímetros e de 4,2 quilos
Por Redacción |