Os Entroidos de Galicia, a análise na II edición das xornadas sobre esta festa popular
Por Redacción
Dar a coñecer as peculiaridades dos entroidos máis tradicionais de Galicia. ÿ o obxectivo da II edición das Xornadas sobre ou Entroido de Galiza, organizadas polo Concello de Pontevedra e a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Terán lugar na Casa das Campás os próximos días 20 e 21 de febreiro e incluirán conferencias, mesas redondas e unha exposición sobre diferentes aspectos do entroido galego.
A programación das xornadas é a seguinte:
XOVES 20
- 18.00 horas. Apertura das xornadas
- 18.15 horas. Proxecto de recuperación do entroido tradicional de Marcón, por Xosé Anxo Rosales e Rafael Quintía.
- 19.00 horas. Os Xenerais da Ulla, por Olimpio Arca
- 19.30 horas. O son no entroido tradicional galego, por Pablo Carpintero.
- 20.15 horas. Semblanza de Francisco Añel, por Félix Castro e Miguel Losada
- 20.45 horas. Presentación das actas das I Xornadas sobre o Entroido de Galiza
- 21.00 horas. Mesa redonda e coloquio
VENRES 21
- 18.15 horas. O Entroido enmascarado: A vida vence á morte, por Antonio Reigosa
- 19.00 horas. O Entroido das Mariñas dos Condes, por José R. Núñez-Varela.
- 19.45 horas. Entroidos singulares da provincia de Lugo, por Carme Pernas.
- 20.30 horas. Mesa redonda e coloquio final.
Estas xornadas xuntarán un nutrido grupo de expertos nesta materia "para dar a coñecer as diferentes expresións tradicionais do noso Entroido", sinalou o presidente de SAGA, Rafael Quintía. Afirmou que o entroido galego "é dos máis ricos" do país e para demostralo, organizarase durante eses días unha exposición na Casa das Campás na que se mostrarán máscaras, traxes e personaxes característicos de multitude de entroidos galegos.
Nela poderemos ver, entre outros, os traxes do cigarrón de Verín, a pantalla de Xinzo da Limia, o boteiro de Viana do Bolo, o volante do entroido 'riberao', as madamas e galáns de Cobres, o merdeiro de Vigo ou a viúva de Ravachol. A mostra complétase cunha ampla selección fotográfica sobre o entroido en Galicia.
Relacionadas:
-
As xornadas sobre o Entroido de Galiza apostan pola recuperación da figura do Labrego de Marcón
Por Redacción |
-
Catro séculos de Entroido percorren o centro histórico
Por Oskar Viéitez |
-
Anticipo carnavalesco en Pontevedra cos 'Xenerais da Ulla'
Por Redacción |
-
O Entroido 2014 chega con 'Ravachol Fórtex', un medicamento con "altas doses de divertinina" contra os recortes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |