Nauta Sanxenxo non permitirá a venda nin o aluguer dos novos amarres do Náutico
Por Oskar Viéitez
O consello de administración de Nauta Sanxenxo decidiu, nunha reunión celebrada este xoves, propoñer a xunta xeral desta empresa pública a expulsión do presidente do Real Club Náutico (RCNS), Pedro Campos, pola construción dos peiraos fronte ás praias de Panadeira e Os Barcos.
Nauta Sanxenxo é unha empresa de capital 100% municipal, creada no ano 2002 co obxectivo de xestionar todas as actividades que se desenvolvan no porto deportivo Juan Carlos I. A presidencia da empresa está a cargo de Catalina González Bea, alcaldesa de Sanxenxo. E no consello de administración ademais está conformado por: Salvador Durán, concelleiro delegado de Persoal e Seguridade cidadá, Elisardo Balboa, José Antonio Aguín e Pedro Campos.
Nunha rolda de prensa convocada este xoves, Catalina González, deu conta desta decisión baseada no incumprimento do artigo 21.1 dos estatutos desta sociedade:
Os administradores non poderán dedicarse por conta propia ou allea ao mesmo análogo ou complementario xénero de actividades que constitúe o obxecto social salvo autorización expresa da Xunta Xeral.
Polo tanto, segundo dixo Catalina González "nos hemos visto en la obligación de trasladar a la próxima junta general la necesidad de decidir que don Pedro Campos no siga formando parte de este consejo de administración ya que entendemos que la construcción de estos pantalanes y la explotación de los mismos entraría directamente en conflicto con los estatutos que regulan esta sociedad", dixo.
Catalina González recordou que Nauta Sanxenxo, o seu porto deportivo, "sigue a disposición tanto del Real Club Náutico como de todas y cada una de las asociaciones u organismos que ayer formaron parte del apoyo a esa rueda de prensa como de cualquier otra que quiera celebrar eventos o quiera llegar a algún tipo de colaboración con esta sociedad y creamos conveniente para la marca Sanxenxo".
Pedro Campos será expulsado do consello de dirección de Nauta Sanxenxo
Ademais a alcaldesa anunciou que non se permitirá a venda nin o aluguer de ningunha das prazas que xurdan desa instalación "para que no haya más personas afectadas ni terceros perjudicados a la hora de que al final la resolución judicial sea la que esperamos de que esa instalación haya que desmontarla".
Fronte aos numerosos apoios mostrados polo RCNS, Catalina González, mostrou o rexeitamento da administración municipal, da sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo "y como estamos viendo en los últimos tiempos de la totalidad de los vecinos de este municipio".
A alcaldesa asegurou estar "totalmente de acuerdo" co que achegaron polos asistentes á rolda de prensa do RCNS, "apoyamos las actividades y asociaciones que ellos representan", pero engadiu que "no entendemos, bajo ningún concepto, que se pueda pensar que la no construcción de estos pantalanes signifique que haya que prescindir de ninguna de las actividades que se han llevado a cabo en los últimos 10 años o las que puedan surgir".
E dito isto, engadiu que "hay formas de financiación para el club y todos los eventos que se quieran poner en marcha distintas a la venta de esas plazas de amarre y estamos dispuestos a sentarnos y buscar otras formas de financiación y sostén económico del Náutico que no tengan que pasar por llevarnos a todos a esta confrontación".