"Dous por Un" na parroquia de Santa María
Por Oskar Viéitez
Non será un senón dous os párrocos que terá Santa María a Maior.
Trátase de Calixto Cobo e Francisco Javier Porro.
Non é usual este tipo de decisións por parte do Arzobispo de Santiago, Xulián Barrio. Esta fórmula de bicefalia é coñecida no Dereito canónico como "in solidum" ou párrocos solidarios, é dicir, que os dous teñan ao mesmo tempo plena xurisdicción sobre unha única parroquia e todos os aspectos relacionados coa mesma.
"Tanto monta, monta tanto"
Cobo é o actual vicario episcopal territorial de Pontevedra e viña exercendo como sustituto do anterior párroco Jaime Vaamonde desde a pasada primavera.
E Porro ten experiencia como copárroco noutras feligresías.
Ferrolano de nacemento, Javi Porro como lle chaman os seus alumnos, é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu posteriormente o seu labor como docente no instituto da capital galega Manuel Peleteiro, onde impartiu clases de historia da arte.
Posteriormente ingresaría como seminarista, ordenándose sacerdote en 1998. O seu labor pastoral comezou en Zas, Vimianzo e Baio. En 2003 pasou a ocupar a Delegación Diocesana de Pastoral de Infancia e Mocidade, que abandonou recientemente co fin de asumir o seu novo destino en Pontevedra.