"Pida centolas e non centolos"
Por Oskar Viéitez
A semana pecha con cotizacións á baixa. Os mercados corrixiron os niveis alcistas dos primeiros días desplomando os prezos ata niveis insospechados.
Falamos, por suposto, da centola.
"Pouco duran as alegrías na casa do pobre", comenta un marinero no Grove.
Por exemplo, na lonxa da localidade meca, onde tradicionalmente págase máis cara, as centolas poxáronse a 10 euros por quilo.
A gran cantidade de produto á venda pode ser unha das razóns que baixen o prezo do crustaceo, a outra, obviamente, é a crise.
Como case sempre, a baixada en prezos da lonja non se repercute de xeito inmediato no consumidor e tanto as bancadas dos mercados de abastos como o resto dos comercializadores, aumentaron a súa marxe de ganancia. Isto é, en lonxa vale 10 euros pero no mercado custa 20.
Ollo, á hora de falar de prezos hai que descartar os "farois", que tamén teñen o seu público aínda que moito máis barato, "a eses chámanlles centolos", ao crustáceo non ao público.
"Pide centolas e non centolos, neno", aconsella unha señora.
"Falamos da centola boa, a femia, que é máis cara que o macho. Igual que coas persoas", chancea unha vendedora no Mercado de Pontevedra.
As galegas son máis feas. Refírome ás centollas, eh?. As pescantinas ensínannos a diferenciar as peludas e cheas de algas das centolas de cetarea ou as francesas que son "paliduchas e lampiñas".
"Con estas centolas pasa como coas setas: canto máis bonitas, menos boas", dime un comprador que se suma á animada conversación.
En todo caso as vendedoras recomendan aos seus clientes que se aproveiten da situación e compren agora para conxelar pensando no Nadal.