Pontevedra Viva!

Colofón

Esta web é un produto de Virtual Vedra Comunicación, realizado por A navalla suíza no verán de 2012. Presentouse o 1 de outubro de 2012.

Tecnoloxía

No proceso de creación da web só se empregou software libre.

Deseño
O logotipo de Pontevedra Viva é unha creación de Alba Souto. A tipografía usada no xornal é a Bitter, deseñada por Sol Matas para a empresa arxentina Huerta Tipográfica. Emprégase a versión proporcionada por Google Web Fonts. Como tipografía complementaria para textos longos escolleuse a Droid Sans, deseñada por Steve Matteson.

As cores empregadas son a #162882 e a #f9f19a do logo, e a #D1D1C5 para o fondo. Tamén se empregan para as seccións específicas a #9E9E4F, a #F9F099, a #f3f3df e a #4D4D4D.