Pontevedra Viva!

Pontevedra, premiada pola ONU

Pontevedra resultou galardoada co Premio Internacional de Dubái, un recoñecemento internacional auspiciado por Nacións Unidas. Trátase dun premio que, dende 1996, entrega ONU-Hábitat, un organismo que desenvolve programas que buscan elevar a calidade de vida das persoas promovendo pobos e cidades social e ambientalmente sostibles. Pontevedra foi recoñecida, en concreto, polas súas boas prácticas en materia de mobilidade e accesibilidade