Pontevedra Viva!

Sanxenxo, urbanismo baixo sospeita

O xulgado de Instrución 2 de Cambados investiga supostas irregularidades urbanísticas no Concello de Sanxenxo. Están imputadas trece persoas, entre outras, a alcaldesa, Catalina González, o exedil de urbanismo, Ángel Casal; e a secretaria xeral de Urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas. Investíganse cinco expedientes relativos a un edificio da rúa Progreso, un inmoble sobre o que pesa unha orde de derrubamento parcial, a construción duns chalés en Bascuas, vivendas en dúas zonas distintas de Dorrón e os cambios realizados no proxecto para construír o chalé do aparellador municipal en Padriñán.

Máis novas