Pontevedra Viva!

Comarcalización dos bombeiros

A comarcalización do parque de bombeiros de Pontevedra exponse como unha das fórmulas para reducir os tempos de resposta na xestión das emerxencias solucionando as "zonas de sombra" nos municipios limítrofes. O Goberno Local de Pontevedra lembra que é necesario incrementar o persoal e redimensionar a dotación de material para atender aos concellos da contorna e pon dúas condicións "que non se empeore o servizo actual de bombeiros e que o Concello non teña que achegar máis fondos dos que xa soporta", polo menos tres millóns de euros anuais

Máis novas