Pontevedra Viva!

Carballo de Santa Margarida

É o ser vivo de maior idade de Pontevedra. Os expertos sitúan en 500 anos a súa idade. "Santa Margarida de Monteporreiro, que ten o carballo maior do Reino". En 1846, o infante Enrique de Borbón e dirixentes progresistas galegos reuníronse baixo a súa copa coa pretensión de derrocar á raíña Isabel II. Hai quen sitúa o nacemento do galeguismo nese encontro, coñéceselle como o carballo do galeguismo, ademais de carballo do Pai Sarmiento. Castelao dedicoulle unha das súas ilustracións de Cousas da vida. O tronco aínda conserva as pegadas dos balazos dos fusilamentos levados a cabo durante a Guerra Civil.