La Cafetera 17abr2017
Lun | 08:30 | 09:49
José Manuel Sande (@JMSande ), concelleiro de Cultura do concello de Coruña, declara hoxe ante un xuíz, acusado dun delito contra os sentimentos relixiosos, por utilizar en entre os anuncios do entroido un cartel no que aparecía a imaxe de alguén disfrazado de Papa, subido a un papamóvil, co nariz vermello por haber bebido. Trátase dunha caricatura que podería aparecer dentro dunha viñeta de calquera medio de comunicación, pero a denuncia dun colectivo de viúvas de Lugo foi admitida a trámite por un xuíz e Sande declara hoxe ás 12:30 en calidade de investigado, a nova denominación que se utiliza para o que anteriormente se chamaba imputado.