Boomer o último #3: Aqueles videoxogos

Boomer o último #3: Aqueles videoxogos

Sab | 12:00 | 12:27

As consolas de xogo son xa inherentes ás actuais xeracións máis novas, pero houbo outras para as que o primeiro acceso a estes videoxogos estaba nas salas recreativas ou en sistemas moito máis simples que os sofisticados dispositivos actuais. Jesús Fontanes e Marcial Outeda, coa súa retranca habitual, recuperan momentos da infancia e adolescencia e títulos como o mítico 'Tetris', o 'Donkey Kong''Mario Bros.''The legend of Zelda'... e lévannos tamén por aqueles salóns recreativos que, con maior ou menor éxito e afluencia, eran lugar de encontro de moitos boomers. A sección de 'O despezamento' dedícana ao que pasa por ser o peor videoxogo da historia... Risa asegurada.

Boomer o último

Sábado ás 12.00 horas

Segundo o prospecto, este podcast pode resultar prexudicial para a saúde; principalmente se o organismo non está preparado para altas doses de retranca.

Fechar