Carne Cruda #235
Mar | 10:00 | 11:24
Fernando Trueba volve cunha homenaxe á industria do cinema retratando unha rodaxe en pleno franquismo. Chea de chiscadelas cinematográficas e referencias históricas, La reina de España continúa a historia de La niña de tus ojos contando co reparto de entón encabezado por Penélope Cruz e con novas incorporacións como Javier Cámara ou Carlos Areces. A película enfrontou ao boicot en redes e a unha demanda sobre os dereitos de autor.
E pechamos con Javier Corcobado, coñecido como o duque do ruído, este poeta e escritor que desenvolveu a súa carreira na escena underground, presenta o seu novo traballo, Mujer y victoria.