A playlist de...#31: Pepe Solla
Ven | 21:00 | 22:40
Un profesor de música na súa etapa escolar instoulle a aprender a tocar a bandurria, aproveitando que a súa irmá tamén o aprendía; pero Pepe quería aprender a tocar a guitarra, así que foi un "dous por un". Co tempo sumaría algunhas clases particulares, pero o seu ímpeto autodidacta fixo o resto, falo do seu dotes como guitarrista, das culinarias está practicamente todo dito. Deixou Empresariais para volver a casa, Casa Solla, e tomou as rendas. Este novembro ese negocio que abriron os seus pais e ao que Pepe encumbró, cumpriu 55 anos. Gravoullo na pel. As púas non as levas gravadas nun costado, pero nos petos da súa cazadora leva sempre varias, tamén co 55 gravado. De novo, foi un pracer charlar contigo!