A playlist de...#28: Gonzalo Maceira

A playlist de...#28: Gonzalo Maceira

Ven | 21:00 | 22:44

"The flying hammers" era o nome do grupo que soñaba formar nos seus anos de colexio un pequeno chamado Gonzalo Maceira. Soño que compartía xa con algún compañeiro de aula. E na vida hai que ter coidado co que se quere, porque pode conseguirse. De feito, non foron aqueles "martelos voadores" pero foron numerosas as bandas coas que se subiu aos escenarios. Estudou Son e Maxisterio musical; unha bagaxe que lle serviu para ser tamén profesor e produtor ademais de músico. En California está unha das súas mellores experiencias vitais, como nos Estudos Abbey Road. E nos monos, un animal que seguro lle seguirá acompañando nos seus éxitos profesionais.

A playlist de...

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar